Serviranse ata cinco marcas diferentes de cervexa alemana, nunha carpa de 1.000 m2 con 100 mesas e 200 bancos.
Narón, 19 de Xullo de 2012.- A Concelleira de Feiras de Narón, Mª del Mar Gómez, e o xerente da empresa Rey de Copas, organizadora da festa, Esteban Loureiro, presentaron hoxe en rolda de prensa a I Festa da Cervexa ‘Oktoberfest’ que se celebra dende hoxe e ata o domingo dia 21 no parque fluvial do Río Freixeiro.
A inauguración oficial terá lugar hoxe ás 20:00 horas, por parte do Alcalde de Narón, Xosé Manuel Blanco, quen pinchará o primeiro barril de cervexa, ó mais puro estilo alemán, dando así por iniciada a Festa.
A organización prevé servir 4.000 litros de cervexa nestos días, nunha carpa instalada no parque fluvial de Freixeiro, de 1.000 m2 de superficie. No seu interior tense instalada unha barra de 18 metros de lonxitude, con 9 grifos nos que se servirán as seguintes marcas: Spaten, Franciskaner, Eku, Bavaria (sin alcohol), e Lowembraü.
Para degustar a cervexa, haberá que deixar unha fianza de 3€ a cambio da cal se entrega unha xarra onde se servirá a consumición. O prezo é de 7€ o litro, e 4€ medio litro de cervexa, independentemente da marca que se elixa.
Ademáis, haberá un espazo con 100 mesas e 200 bancos para poder degustar a bebida, e unha zona reservada á cocina onde se ofrecerá comida típica alemana, como salchichas, codillos, pollo, ensaladas, e incluso pan típico alemán.
A animación completarase cun speaker que organizará diferentes actividades e mesmo xogos de forza para os asistentes, ademáis de música e animación infantil. Para o domingo está prevista unha concentración de coches clásicos.
(Adxúntase o programa da I Festa da Cervexa)
XOVES 19 DE XULLO
Inauguración ás 20:00 horas
Animación e concursos a cargo do speaker Pier vido dende Albacete
Música alemá
Toro mecánico no interior da carpa e hinchables para os mais pequenos
Ás 2:00 da madrugada peche da carpa
VENRES 20 DE XULLO
Ás 12:00 apertura da carpa
Actividades e concursos ao longo do día da man do speaker Pier
Toro mecánico
Hinchables para os mais pequenos
Música alemá
Exhibición de capoeira ás 20:00 horas hasta 20:45 h
SÁBADO 21 DE XULLO
Ás 12:00 h apertura da carpa
Toro mecánico
Hinchables para os mais pequenos
Concursos e actividades a cargo do speaker Pier
Actuación da orquestra "Os Charangos de Neda " ás 00:00 ata as 2:00 h
DOMINGO 22 DE XULLO
Apertura da carpa ás 11:00 horas
Día do porco ao espeto (se asará un porco enteiro á vista do público)
A partir das 13:00 horas concentración de coches clásicos (se obsequiará cun refresco, cervexa sen alcohol ou auga e unha salchicha aos participantes)
Diferentes concursos e actividades ao largo do día ( carreira de barrís, concurso de hula hoops, miss y mister oktoberfest, concurso de forza...)
Toro mecánico e hinchables para os mais pequenos