Se celebra o venres 6 de xuño na Casa da Mocidade, en A Gándara, coa participación de 150 mozos/as de toda Galicia.
Narón, 3 de Xuño de 2014.- A Concelleira de Mocidade de Narón, Natalia Hermida, presentou hoxe en rolda de prensa o Encontro Local da Mocidade 2014, que se celebrará na tarde do venres 6 de xuño, na Casa da Mocidade (A Gándara). Está prevista a participación de 150 mozos/as tanto de Narón coma da bisbarra e doutros puntos de Galicia.
Os participantes teñen entre 14 e 30 anos de idade, e daranse cita entre as 16:00 e as 00:00 horas. Nesta 12ª edición do Encontro da Mocidade, o Concello de Narón promoverá as seguintes actividades dirixidas á xuventude:
-Exhibición-obradoiro de Graffiti.
-Concertos lanzadeira dos grupos “Bulldozer”, “Wolfram”, “Rook” e “Neurótika”, que habitualmente empregan as aulas de ensaio da Escola da Música Moderna.
-Obradoiros de tuneado de camisetas.
-Obradoiro de Tenis de Mesa.
-Exhibición de Zumba.
-Obradoiro de Tiro con Arco.
-Obradoiro de Patinaxe en liña.
-Obradoiro de “Flag-Fútbol”.
-Exhibición de Jugger.
-Obradoiro de Surf.
-Obradoiro de Nutrición.
-Obradoiro de Accesibilidade (Baloncesto en cadeira de rodas). “Proxecto Peciños”.
-Obradoiro de Taichí.
-Actuación de Miscelánea (grupo de artes escénicas con mozos/as da comarca).
Ademáis, se as circunstancias metereolóxicas o permiten, realizaranse tres actividades no exterior da Casa da Mocidade:
-Minicircuito de karts.
-Obradoiro de BTT.
-Exhibición de patinaxe agresivo e skate.
Paralelamente ó Encontro da Mocidade, instalaranse tres stands informativos da Asociación xuvenil “Xeración”, a Asociación de Parkour, e a Carpa ‘Xplora Xuventude’ da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
Asimesmo, colaborarán de forma voluntaria os seguintes grupos e asociacións:
*Grupos de graffiteiros.
*Grupos de música das aulas de ensaio da Escola de Música Moderna e alumnado.
*Club Tenis de Mesa ‘Cidade de Narón’.
*Club Arco Narón.
*Grupo de patinadores/as e BTT.
*AVV As Regueiras do Feal.
*Escola de Surf Pantín.
*Especialistas en Taichí, Jugger e Flat Fútbol.
*Asociación de Minusválidos de Narón.
*Asociación xuvenil “Xeración”.
*Asociación de Parkour.