No encontro de viños Naron-Neda haberá tamén actuacións musicais, gastronomía, e actividades de ocio para toda a familia.
Narón, 21 de xuño de 2014.- A 5ª edición do encontro de viños Narón-Neda 'Xuviño 2014' celébrase os días 20, 21, 22 e 23 de xuño no paseo marítimo de Xuvia, en ambas marxes do río.
O programa desta feira de viños, organizada polos concellos de Narón e Neda en colaboración coa Deputación da Coruña, é o seguinte:
VENRES 20 DE XUÑO:
19:00 horas: Apertura e inauguración da feira a cargo dos representantes dos concellos de Narón e Neda. Degustación de liscos de balde.
SABADO 21 DE XUÑO:
12:00 horas: Apertura.
13:00 horas: Degustación gratuita de paella.
13:00 horas: Actuacións musicais en Narón e Neda.
18:00 horas: Degustación gratuita de Xamón escaldado e pementos do Couto.
19:00 horas: Actuacións musicais en Narón e Neda.
DOMINGO 22 DE XUÑO:
12:00 horas: Apertura.
12:30 horas: Percorrido en tren turístico.
13:00 horas: Degustación gratuita de churrasco.
13:00 horas: Actuacións musicais en Narón e Neda.
18:00 horas: Degustación gratuita de Boqueróns.
19:00 horas: Actuacións musicais en Narón e Neda.
LUNS 23 DE XUÑO:
12:00 horas: Apertura.
13:00 horas: Degustación de criollos e empanada de Neda.
15:00 horas: Sorteo de varias cestas con botellas de viño.
20:00 horas: Peche da feira.
Ademáis deste programa gastronómico, na feira haberá atraccións infantís, postos de artesanía e unha feira medieval. Asimesmo, o tren turístico realizará percorridos entre ambos municipios.