Estivo organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón.
Narón, 15 de Xullo de 2014.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Ensino, Mª del Carmen Espada, entregaron hoxe os diplomas do Curso de Creación de Curtas e Blogs ‘Do conto ó cine’, desenvolvido do 28 de maio ó 27 de xuño na Aula CEMIT de Xuvia, e no que se matricularon 18 alumnos/as. Estivo organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón, que depende da Concellería de Ensino e que está subvencionado pola Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia.
O curso foi unha iniciación á creación audiovisual entorno ó proxecto ‘O nobelo do tempo’ de recollida e reelaboración da tradición oral. Para iso dotouse ó alumnado de ferramentas básicas para ser capaces de levar a cabo o seu propio proxecto audiovisual, adaptado ó galego e á súa vez á linguaxe do cine.
En total, leváronse a cabo 10 sesións de dúas hora cada unha, nas que se traballaron as nocións básicas de teoría audiovisual, e posteriormente se puxeron en práctica a través da realización de dúas curtametraxes de humor que hoxe foron proxectadas.
O programa do Curso Básico de Curtametraxes e Blogs foi o seguinte:
1.- O proxecto O Nobelo do Tempo. A tradición oral e a súa reelaboración, Introdución ó proxecto audiovisual. Creamos o noso blog.
2.- Como facemos un guión. Xéneros, técnicas creativas. Construímos a historia: personaxes, conflito, situacións e diálogo. Artigos e páxinas nun blog.
3.- Aspectos básicos sobre a imaxe en movemento, Encadre, composición do plano, movementos de cámara, luz e son. Subir un vídeo ó blog.
4.- Aprendemos a manexar unha cámara de vídeo. As fotos no blog.
5.- Pasamos o guión a imaxes. Tipos de planos. Guión técnico e story board (cómic). Os screencast (vídeos de pantalla) no blog.
6.- Aprendemos a actuar nunha curtametraxe. Técnicas básicas de actuación. Para subir os nosos propios vídeos ó blog.
7.- Preparamos a gravación, Produción e dirección. Xestión colectiva dun blog.
8.- Gravamos. Metodoloxía. Grabación plano a plano. Blogs e redes sociais.
9.- Montamos. Nocións básicas de montaxe. Aprendemos a usar un programa de edición de vídeo. As estatísticas en blogs e redes sociais.
10.- Vemos o que fixemos. Nocións básicas para subir vídeos a Internet. Plataformas e formatos. Nocións básicas sobre rotulación e cabeceiras.