CELSO F. SANMARTÍN PROTAGONIZA O TERCEIRO ESPECTÁCULO DO FESTIVAL DO MONÓLOGO TEATRAL "SINGULAR"
O monólogo "Contar" terá lugar o 15 de abril no Pazo da Cultura
Narón, 13 de abril de 2016. O poeta e contacontos galego Celso F. Sanmartín será o protagonista do monólogo “Contar”, o terceiro que se desenvolverá este mes no Pazo da Cultura con cargo ao Festival do Monólogo Teatral “Singular”, impulsado polo Padroado da Cultura do Concello de Narón e a produtora Eme2. O espectáculo comezará o día 15 ás 20.30 horas e terá unha duración duns noventa minutos.
O monólogo “Contar” permitirá ao público gozar das historias de Sanmartín, cuxo éxito profesional está avalado coa publicación de varias obras poéticas propias desde a década dos anos 90 e a participación noutras de carácter colectivo e tamén de recoñecida sona, entre outros traballos.
As entradas, xa á venta na taquilla do Pazo, teñen un prezo de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados.