A Praza da Gándara acolleu este evento, no que se deron cita máis de 1.000 espectadores.
Luns, 26 de Maio de 2008.- O Concello de Narón ven de cosechar un novo éxito trala celebración da 1ª Gala do Comercio, organizada por Cóntame Produccións en colaboración coa Asociación de Veciños de A Gándara.
As Concellerías de Promoción Económica, Festas e Ocio, e Protocolo xunto coa Alcaldía dispuxeron o necesario para poder levar a cabo este evento de apoio ó comercio local, no que por primeira vez modelos profesionais e aficionados subíronse á pasarela para lucir a moda que xa está nos escaparates e nas tendas de Narón.
Neste acto tamén se presentou o deseño dunha bolsa única, que proximamente chegará ós comercios do municipio, e coa que se pretende promocionar o comercio local.