ENTREGA DE DIPLOMAS ÓS ALUMNOS QUE FINALIZARON CON ÉXITO TRES CURSOS DE FORMACIÓN PROMOVIDOS POLO CONCELLO
Un total de 26 persoas remataron os seminarios de Construccións Metálicas, Restauración da madeira, e Dependenta de comercio.
Narón, 14 de Xullo de 2008.- A Concelleira de Formación Laboral e Emprego de Narón, Paloma González Cuevas, presidiu hoxe a entrega de diplomas ós 26 alumnos que finalizaron con éxito tres cursos do programa de formación e emprego, organizados polo Concello de Narón en colaboración coa Obra Social de Caixa Galicia. Estos seminarios tiveron un custe global de 46.300 euros, e en conxunto sumaron 1.370 horas de formación teórica e práctica.
Os cursos en cuestión son os seguintes: Iniciación ás construccións metálicas (con 500 horas de duración, e 11 alumnos matriculados dos cales 9 finalizaron con éxito e recolleron hoxe o seu diploma), Restauración da madeira e moble (500 horas, 11 inscritos dos que 7 finalizaron con diploma), e Dependenta de comercio (370 horas, 15 mulleres inscritas das cales 10 obtiveron diploma).
Estas accións formativas están coordinadas polo Servizo Sociocomunitario Municipal e desenvolvéronse no Centro Municipal de Formación, ubicado no Polígono de A Gándara. Os cursos de Iniciación ás construccións metálicas, e Restauración da madeira e moble concíbense coma unha primeira toma de contacto coa especialidade, e un achegamento básico ao mundo profesional mediante o manexo de ferramentas e máquinas, ademáis da elaboración de constructos elementais. Algúns destes alumnos continúan na actualidade a sua formación laboral, a través dos cursos de Caldereiro e Tubeiro, e Carpintería, correspondentes ó Plan FIP.
No caso do curso de Dependenta de comercio, na actualidade rexístrase xa un saldo positivo de 3 contratos, que nos vindeiros seis meses se verán incrementados polo traballo de colaboración mantida coas entidades comerciais.
No acto de entrega de diplomas, a Concelleira de Formación Laboral e Emprego dirixíuse ós alumnos que finalizaron con éxito os cursos, sinalando que iniciativas coma ésta “constitúen unha boa inversión, a mellor que se pode realizar dende unha administración pública”. A Edil lembrou tamén que a finalidade dos seminarios é “ofrecer unha formación específica para que os participantes podan introducirse no mercado laboral”.
En representación da Obra Social de Caixa Galicia, a xerente en Ferrol, Elena Cardona, engadíu que esta entidade e o Concello de Narón levan varios anos colaborando a través de cursos de formación que teñen como obxectivo final facilitar o acceso ó mercado laboral.