O CICLO "TEMPO DE MÚSICA" CONTINÚA ESTE DOMINGO NO COUTO COA ACTUACIÓN DA CORAL POLÍFÓNICA "SANTA MARÍA DE CAMBRE"
O Padroado da Cultura colabora coa AVV de O Couto neste ciclo, iniciado o pasado mes de setembro e que rematará o vindeiro 27 de outubro
Narón, 17 de outubro de 2019. A vixésimo oitava edición do ciclo Tempo de Música continuará este domingo, día 20, no Centro Cívico Social do Couto. Ás 18.00 horas actuará a coral polifónica “Santa María de Cambre”, do concello de Cambre (A Coruña). O Padroado da Cultura de Narón colabora un ano máis neste ciclo organizado pola Asociación de Veciños do Couto. A entrada ás actuacións é de balde.
Esta nova edición de Tempo de música, iniciado o pasado 29 de setembro, rematará o domingo 27 de outubro, xornada na que actuarán, tamén a partir das 18.00 horas no Centro Cívico Social do Couto, as corais “Culpables”, de Neda, e “Amistad”, da Asociación de Veciños do Couto.