Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
Río Do Pozo duplicará a súa extensión antes do fin de 2007
A SEPES adxudica a urbanización do Sector IV de Río do Pozo e Gato afirma que "rematou a escasez de solo industrial en Ferrolterra".
A Entidade Pública Empresarial de Solo (SEPES) adxudicou o pasado día 24 de febreiro as obras de urbanización de sector IV do Río do Pozo a unha Unión Temporal de Empresas (formada por Brues y Fernández Construcciones, S.A. y Obras, Caminos y Asfaltos, S.A.) que, nun plazo máximo de dous meses, deberá escomenzar o proceso de urbanización da cuarta fase o polígono industrial naronés. Segundo as previsións feitas públicas ontes polo máximo rexedor naronés, Juan Gato, se todo sae como se prevé este verán poderán xa estar traballando as palas para que ao finalizar o verán de 2007 á infraestructura urbana do Sector IV se atope xa finalizada. Esta nova actuación no Río do Pozo, que dotará a Ferrolterra de un millón de novos metros cadrados de solo industrial (case a suma dos tres sectores xa en activo no mesmo polígono) "supón un fito importantísimo para toda Ferrolterra porque xa é posible que calquera implantación industrial, do tamaño que sexa, pode vir aquí", afirmou Juan Gato. "Coa posta enmarcha do Sector IV Ferrolterra, ao contrario que Vigo, Coruña ou Compostela, xa no ten carencias de solo industrial e Narón poderá seguir desenvolvendo un importante crecemento económico que permitirá seguir loitando pola preocupación mais importante, que segue a ser o emprego". arfirmou Gato, quen afirmou acto seguido que "xa dende hoxe poremos en marcha, porque unha cousa leva á outra, unha nova fase de apoyo ao crecemento da área urbana e residencial de Narón", sentenciou. Gato rematou a sua intervención agradecento que "a SEPES esta vez cumplira" , pero lembrou que "é unha mágoaque as infraestructuras de Fomento non vaian polo mesmo ritmo, craendo as condicións necesarias para que Ferrolterra poida seguir sendo atractiva para os inversores", rematou.

<<< Abril 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal