UNHA UNIDADE MÓBIL PARA A DOAZÓN DE SANGUE ESTARÁ TRES DÍAS DA VINDEIRA SEMANA NA CIDADE
A unidade estará operativa un día na Gándara e dous nas inmediacións do novo centro de saúde
Narón, 14 de setembro de 2023. Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará os días 18, 20 e 21 deste mes na cidade. Na primeira das xornadas, o luns 18, o vehículo estará operativo de 9.30 a 14.30 e de 15.30 a 21.00 horas na rúa Pintor Sotomaior, na Gándara, se ben na xornada do 20 e 21 permanecerá nese mesmo horario nas inmediacións do novo centro de saúde, tal e como informaron dende ADOS.
As persoas que acudan a doar sangue a primeira hora deben almorzar pola mañá e no caso de facelo despois de xantar ao mediodía, esperar dúas horas para facelo. Así mesmo, deben levar a tarxeta de doante, o DNI ou un documento similar e informar ao médico se se está tomando algún medicamento.