Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O FOTÓGRAFO XURXO LOBATO PRESENTARÁ NO PAZO O SEU LIBRO "ROSTROS DA MEMORIA.FERROL 1972"
O acto, aberto á cidadanía en xeral, dará comezo ás 19:00 horas no Café Teatro
Narón, 1 de abril de 2024. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, acudirá este mércores, día 3, á presentación do libro “Rostros da memoria. Ferrol 1972”, do fotógrafo Xurxo Lobato. O acto, aberto á asistencia da cidadanía en xeral, ata completar o aforo do Café Teatro, dará comezo ás 19:00 horas e ademais da rexedora local e do autor do libro estará presente a presidenta da Asociación Fuco Buxán, Susana Alaniz, e outros representantes desta entidade. Lobato conversará no transcurso do acto sobre o libro, protagonizado por trinta persoas fotografiadas en branco e negro, que sufriron a represión franquista polas loitas obreiras de Ferrol de 1972. A presentación acompañarase dunha proxección en imaxes da obra, que sucede a “Rostros da memoria”, tamén de Lobato e editado no ano 2007.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal