Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CENTRO DE RECURSOS SOLIDARIOS DE NARÓN RECIBIRÁ UNS 5.000 EUROS RECADADOS NA COMIDA CELEBRADA ESTE SÁBADO NO PAVILLÓN CAMPO DA SERRA
O Concello colaborou na iniciativa coa Selección Española de Carniceiros e Cedecarne
Narón, 1 de abril de 2024. O Centro de Recursos Solidarios de Narón recibiu un vale por importe de 4.948 euros da recadación da comida celebrada este sábado no pavillón Campo da Serra. O Concello colaborou coa Selección Española de Carniceiros, representada polo seleccionador nacional Bruno Casal, e Cedecarne, neste evento solidario, ao que acudiron algo máis de 200 persoas. A partir das 12:00 horas un equipo de profesionais da Selección Española de Carniceiros realizou unha demostración de corte e preparación de diferentes elaboración con múltiples variedades de carne. Un traballo que viron en directo as persoas que se achegaron ao evento. Instalados nunha zona do pavillón e con varias mesas que ocupaban uns oito metros, amosaron o traballo realizado á espera de que se iniciase o apartado gastronómico. Baixo unha carpa exterior instalada para a ocasión comezaron a cocinarse as diferentes variedades de carne que se serviron na comida a partir das 15:00 horas. Os asistentes abonaron 22 euros polo menú, con tres platos diferentes –tenreira en salsa, churrasco e hamburguesa-, que degustaron as persoas que quixeron colaborar neste evento solidario, para axudar ás familias vulnerables que se atenden dende o Centro de Recursos Solidarios de Narón. Actividades infantís e música completaron a programación desta xornada, que se prolongou ata última hora da tarde. A concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, e a edil de Festas, Mar Gómez, acudiron tamén á convocatoria. Ao remate da mesma, agradeceron “a implicación da Selección Española de Carniceiros, de Cedecarne e das empresas e establecementos que fixeron posible, xunto coas persoas que acudiron ao evento, que se recadasen fondos para unha boa causa”. Ao mesmo tempo, destacaron o labor do Centro de Recursos Solidarios e de todo o voluntariado “que cada día traballan para que esta asociación local poida desenvolver a súa función e atender ás persoas que máis o precisan”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal