Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÚLTIMOS DÍAS PARA SOLICITAR A PARTICIPACIÓN NO PROGRAMA "VACACIÓNS EN PAZ"
A concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, e a representante na zona da asociación Sogaps, Maite Martínez, informaron sobre esta iniciativa, na que colabora o Concello
Narón, 24 de maio de 2024. As familias que desexen participar este verán no programa “Vacacións en Paz”, impulsado dende a asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui (Sogaps) e no que colabora o Concello, deben anotarse antes de finais deste mes. Así o recordaron a concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, e a representante na zona de Sogaps, Maite Martínez. As persoas interesadas poden recibir máis información do programa ou anotarse a través dos teléfonos 678 727 382 ou 986 262 637, podendo tamén dirixirse ao correo electrónico: asociacionsogaps@yahoo.es. O vindeiro mes de xuño está prevista a chegada á cidade de menores de entre 8 e 12 anos que residen nos campamentos de refuxiados saharauis de Tinduf (Arxelia), e permanecerán en Narón ata o mes de setembro, cando regresarán de novo coas súas familias. Durante a súa estadía na cidade os menores acudirán a revisións médicas e participarán en diferentes actividades coas súas familias de acollida, afastados das elevadas temperaturas que se alcanzan durante o verán nos campamentos de refuxiados, que poden superar os 50 graos.

<<< Xuño 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20 21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Eventos do Concello
naron.gal