Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO AUMENTA O PLANTEL DO SPEIS CON CATRO NOVOS BOMBEIROS
O edil responsable do servizo, José Oreona, avanzou que se incorporarán aos turnos o vindeiro día 17 de xuño
Narón, 3 de xuño de 2024. Un total de catro profesionais incorporáronse oficialmente ao plantel do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento (SPEIS) de Narón. Esta mañá estiveron no Concello xunto co edil responsable da área, José Oreona, o oficial xefe da área de Intervención do SPEIS, Carlos Castro, e representantes do departamento de Persoal. Pedro Peña, Antonio Bellón, Iván Pérez e Pablo Polo realizaron xa unha formación previa, de carácter teórico e práctico, e incorporaranse aos turnos do servizo o vindeiro 17 de xuño, tal e como se lles informou. Nas vindeiras dúas semanas, de luns a venres, os profesionais realizarán un proceso adaptativo á sistemática operativa do servizo, trámite habitual no proceso de incorporación de novos profesionais ao SPEIS. O plantel do servizo queda integrado por 22 efectivos na parte operativa, con bombeiros-condutores, xefes de dotación e xefe de área operativa. Oreona deulles a benvida a Narón e, en particular ao SPEIS, aos novos profesionais, aos que desexou sorte nesta etapa que inician no servizo.

<<< Setembro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal