Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRE Á CIDADANÍA O PARQUE DA AUGA UBICADO NO PASEO MARÍTIMO DE XUVIA
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o edil de Obras e Urbanismo, Pablo Mauriz, desprazáronse hoxe á zona con motivo da apertura das instalacións
Narón, 3 de xuño de 2024. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, anunciou esta mañá a apertura ao público do parque da auga ubicado no paseo marítimo de Xuvia, que supuxo un investimento duns 230.000 euros. A rexedora local estivo acompañada polo edil de Obras e Urbanismo, Pablo Mauriz, na xornada na que se abriu o recinto, para que poidan desfrutar destas novas instalacións as nenas e nenos, cumprindo sempre a normativa das mesmas, indicada a través dun panel. Ferreiro avanzou que as instalacións estarán operativas ata o 15 de setembro, de luns a domingo, en horario de 12:00 a 21:00. Ferreiro premeu o dispositivo que acciona durante dous minutos o funcionamento dos diferentes xogos e chorros de auga, instalados sobre unha plataforma duns 200 metros cadrados. O equipamento funciona a través dun depósito xeral de auga de 8.000 litros que recirculan e dispón, tal e como apuntou a alcaldesa, de dous sistemas de depuración, un para posibles areas e outro para a cloración, coas súas respectivas bombas. Nas inmediacións do recinto está instalado un panel informativo no que se especifican as normas de uso do parque de auga municipal. As usuarias e usuarios deberán estar baixo supervisión dunha persoa adulta; usar calzado axeitado e no caso de ser menores de dous anos, levar cueiros. Así mesmo, está prohibida a entrada de animais, comer e beber dentro da zona dos xogos, entrar con obxectos de cristal ou cortantes e usar patinetes ou patíns. Os teléfonos de mantemento e emerxencias completan o panel informativo, no que tamén se indica que o período de apertura do parque de xogos será do 15 de maio ata o 15 de setembro. “Dende hoxe as nenas e nenos de Narón dispoñen dun novo equipamento de lecer que completa neste caso á oferta xa existente no paseo marítimo de Xuvia”, asegurou Ferreiro. A alcaldesa recalcou que se trata dun parque pensado para menores de 1 a 14 anos e destacou a variedade de elementos que o compoñen, entre os que están unha gran palmeira de auga, un cubo que expulsa unha gran cantidade de auga ao encherse, un canon propulsor, un lanzador con forma de gaivota e chorros no chan que lanzan auga a diferentes alturas. “Esperamos que a cidadanía de Narón, e tamén doutros concellos que se achegue ata Xuvia, desfrute ao máximo destas instalacións, respectando as normas para facelo coa máxima seguridade”, incidiu.

<<< Setembro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal