Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA ABRIRÁ MAÑÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA ASISTIR A UNHA CHARLA DE "CELIAQUÍA E MENÍS SEN GLUTE"
A charla terá lugar o vindeiro 11 de xuño, tal e como avanzou a edil de Bibliotecas, Olga Ameneiro
Narón, 4 de xuño de 2024. A Biblioteca municipal acollerá o vindeiro 11 de xuño unha charla sobre “Celiaquía e menús sen glute” para cuxa asistencia abrirá mañá mércores o prazo de inscrición. Así o indicou a edil responsable da área, Olga Ameneiro, que avanzou que a persoa encargada de impartila será Nuria Colmenero, representante da Asociación de Celíacos de Galicia e responsable do departamento de Restauración e Seguridade Alimentaria da citada entidade. A charla dará comezo ás 18:30 horas e impartirase na planta soto da Biblioteca municipal. Que é a celiaquía, o diagnóstico da enfermidade, os síntomas e complicacións asociadas á mesma, consellos prácticos para elaborar menús sen glute… forman parte dos contidos que se abordarán na convocatoria, dirixida a público en xeral. A cita, tal e como indicaron, representa unha oportunidade para aprender dunha experta na materia e poder resolver dúbidas relacionadas coa dieta sen glute, proporcionando ao público asistente coñecementos e ferramentas útiles para mellorar a calidade de vida das persoas afectadas. Para poder asistir será preciso inscribirse previamente, debido ao aforo limitado, a partir de mañá ás 9:30 horas de xeito presencial na Biblioteca ou chamando ao número de teléfono 981 382 173 no horario de apertura das instalacións, tal e como explicou a edil naronesa.

<<< Outubro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31  
Eventos do Concello
naron.gal