Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PADROADO DA CULTURA E A AVV "OS IRMANDIÑOS" INICIAN ESTE VENRES OS ACTOS DO PROGRAMA DA RECREACIÓN DAS LENDAS DA PENA MOLEXA
A alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, presentou o evento xunto coa presidenta da AVV Os Irmandiños, Manoli Castro
Narón, 4 de xuño de 2024. A programación das Lendas da Pena Molexa retómase este ano cunha programación deseñada para os días 7 e 15 deste mes e que presentaron a alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, e a presidenta da AVV “Os Irmandiños” do Val, Manoli Castro. A rexedora local anunciou que este venres terá lugar a xa tradicional andaina solsticial, unha ruta entre o convento de Baltar e a Pena Molexa que dará comezo ás 22:30 horas e na que poderán participar todas as persoas que o desexen, portando fachos durante o percorrido. O Concello organiza a convocatoria a través do Padroado da Cultura, en colaboración coa AVV “Os Irmandiños” e a Deputación da Coruña. A programación continuará o día 15 deste mes, xornada na que se desenvolverán os actos centrais da Pena Molexa. Ás 18.00 dará comezo unha sesión de xogos tradicionais e ás 19:00 horas actuará Pablo Díaz, que trae á cidade o espectáculo Canta Música, con cancións, xogos e bailes. A continuación, sobre as 20:00 horas, dará comezo unha churrascada popular e serviranse tamén a prezos populares bocatas Molexos. A música continuará ás 22:00 horas, co concerto de Os d`abaixo e ás 00:00 horas comezará a tradicional recreación da Lenda da Fada da Pena Molexa, a cargo de alumnado da Escola de Teatro de Narón, que representará a historia dunha moura que pola noite se convertiu en rocha coincidindo co solsticio de verán. Finalmente, ás 00.30 horas actuará o Grupo de Gaitas do Padroado da Cultura do Concello de Narón. A alcaldesa destacou a implicación da veciñanza da parroquia do Val “onde cada ano por estas datas temos unha cita cunha das tradicións culturais máis arraigadas da nosa cidade”. Ferreiro animou xunto coa presidenta da AVV Os Irmandiños do Val a acudir a esta convocatoria, con propostas pensadas para persoas de todas as idades.

<<< Setembro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal