Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA ABRIRÁ MAÑÁ O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NA ACTIVIDADE "AS LENDAS DE SAN XOÁN"
A concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro, indicou que o obradoiro se dirixe a menores a partir de 4 anos
Narón, 10 de xuño de 2024. A Biblioteca municipal abrirá mañá martes o prazo para inscribirse no obradoiro “As lendas de San Xoán”, dirixido a menores a partir de 4 anos. A edil responsable da área, Olga Ameneiro, explicou que a actividade se levará a cabo este sábado, día 15, na propia Biblioteca ás 11:00 horas. Neste obradoiro infantil daranse a coñecer o nome das sete herbas máxicas e as súas propiedades e tamén algunha das lendas asociadas ao día de San Xoán. As nenas e nenos realizarán tamén unha luminaria de cartulina que saltarán, como marca a tradición, recitando algunhas frases populares asociadas a esta data. As reservas de praza poden facerse dende mañá ás 16:00 horas na Biblioteca, de xeito presencial, ou chamando ao número de teléfono 981 382 173. As nenas e nenos deben ter o carné da rede de Bibliotecas sen sancións pendentes para poder anotarse.

<<< Xullo 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18 19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal