Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PADROADO DA CULTURA E A AVV "CEIBE" DE SAN XIAO CELEBRARÁN O SAN XOÁN CUNHA CHURRASCADA-SARDIÑADA E UN CONCERTO DE SÉS
A alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, presentou a programación acompañada do vicepresidente da AVV "Ceibe", Luis Doce
Narón, 10 de xuño de 2024. A parroquia de San Xiao celebrará o vindeiro 22 de xuño a tradicional churrascada e sardiñada organizada dende o Padroado da Cultura e a AVV “Ceibe” con motivo do San Xoán. A alcaldesa e presidenta do Padroado da Cultura, Marián Ferreiro, presentou esta mañá os actos acompañada de Luis Doce, vicepresidente da citada entidade veciñal. Ferreiro destacou que a cita contará cun apartado musical que pechará co concerto da cantautora galega María Xosé Silvar, máis coñecida como Sés. A programación da xornada, que se desenvolverá nas inmediacións do Centro Cívico Social de San Xiao, dará comezo ás 19:00 horas, con xogos tradicionais, populares e inchables para as nenas e nenos. O apartado gastronómico dará comezo ás 21:00 horas, coa sardiñada e churrascada popular, na que se servirá churrasco, criollo, pan e bebidas a un prezo de 15 euros para os socios da AVV “Ceibe” e de 18 para o resto de asistentes, e tamén sardiñas, tres unidades por dous euros. Serviranse unhas cincocentas racións, tal e como indicaron dende a entidade veciñal. Ademais informaron que a persoa que se faga socia ese día pagará o prezo dos socios/as e indicaron tamén que os tickets se poden adquirir dende hoxe no Centro Cívico Social de San Xiao, en horario de 19:30 a 21:00 horas. A música dará comezo ás 21:00 horas, amenizando a xornada gastronómica a música tradicional da charanga Alxibeira e ás 22:00 horas dará comezo o concerto de música tradicional de Sés, que interpretará varios temas do seu repertorio.

<<< Xullo 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18 19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal