Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O LOCAL SOCIAL DO VAL ACOLLERÁ ESTE XOVES UNHA CHARLA DO HISTORIADOR HONORÍFICO DO CONCELLO, ANDRÉ PENA GRAÑA, SOBRE A PENA MOLEXA
A edil de Turismo, Natalia Hermida, animou á cidadanía a acudir a esta convocatoria para coñecer máis este monumento megalítico
Narón, 11 de xuño de 2024. A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, anunciou a celebración, este xoves día 13, dunha charla do historiador honorífico do Concello de Narón e Doutor en Arqueoloxía e Historia Antiga, André Pena Graña, sobre a Pena Molexa, o único monumento megalítico do mundo coñecido adicado á lúa e probablemente o máis antiguo monumento megalítico de Europa, segundo recordou Pena Graña. A convocatoria, aberta á asistencia da cidadanía en xeral, será no local social do Val ás 19:00 horas. A edil naronesa animou á cidadanía a acudir a esta cita, co fin de coñecer mellor a historia deste monumento, un dos máis significativos e recoñecidos da cidade. Así mesmo, Hermida avanzou que o vindeiro 22 de xuño, coincidindo case co solsticio de verán, organizouse unha xornada para ver a saída da lúa chea de amorodo ou morango xunto á Pena Molexa, tralo punto máis elevado do Forgoselo. A cita será xunto ao citado monumento e para poder entender mellor este fenómeno, estará tamén presente André Pena Graña. A concelleira de Turismo animou ás veciñas e veciños a acudir a estas dúas convocatorias como unha das novidades deste ano no marco da celebración dos actos da Recreación das Lendas da Pena Molexa, iniciados o pasado venres cunha andaina solsticial e que continuarán este sábado, día 15, cunha ampla programación xunto á Pena Molexa, incluída a recreación das Lendas.

<<< Xullo 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18 19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal