Se desenvolverá nos vindeiros tres meses, cun total de 10 cursos de formación para desempregados.
Narón, 27 de setembro de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e o Concelleiro de Formación Laboral e Emprego, Jose Luis Suárez, presentaron hoxe na Nave de Formación “Irmáns Froilaz” (A Gándara) o programa de formación “Camiño de emprego”; que desenvolverá o Concello de Narón en colaboración coa Fundación Caixa Galicia nos vindeiros 3 meses.
Así, dende outubro ata decembro de 2010 se levarán a cabo seminarios de carpintería de madeira, fabricación mecánica de estructuras metálicas, iniciación á carpintería xeral, construccións metálicas, limpeza de edificios comerciais e industriais, electricista de edificios, hostalería, e televenda. Ademáis, se ofrecerá formación na prevención de riscos laborais, primeiros auxilios, e manipulación de alimentos.
O Concello tamén desenvolverá cursos de alfabetización dixital, e desenvolvemento de aplicacións informática, estos últimos dirixidos especialmente ós veciños/as en xeral.
O orzamento total destos cursos ascende a máis de 60.000 euros, que servirán para dar formación a casi 400 alumnos, nas 1.700 horas lectivas destos cursos. O índice de inserción laboral dos cursos de formación municipal ven sendo nos últimos anos superior ó 50% , segundo indicou o Alcalde de Narón.
O Alcalde, Jose Manuel Blanco, indicou tamén que a Xunta de Galicia aínda non ten concedido novos cursos de formación en Narón, a pesares de estar solicitados. Nestos momentos, estanse a desenvolver tres seminarios en colaboración coa administración autonómica, os correspondentes a electronicista, soldador, e electricista de edificios.