Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONSISTORIO INCIDE NA URXENCIA DE COLABORACIÓN SUPRAMUNICIPAL PARA SOLVENTAR A PROBLEMÁTICA DAS MOSCAS
A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, presidiu a xuntanza celebrada hoxe no Concello
Narón, 11 de xuño de 2024. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, presidiu esta mañá unha nova xuntanza da Comisión informativa sobre a problemática das moscas na parroquia do Val, un organismo que se acordou constituír o pasado ano. En representación da Xunta estiveron presentes a delegada territorial, Martina Aneiros e, a través de videoconferencia, o xefe do servizo de Saúde ambiental da Dirección Xeral de Saúde Pública, Manuel Álvarez Cortiñas e Francisco José Malvido, xefe da sección e Sanidade ambiental da Xefatura territorial de Sanidade na Coruña e por parte da AVV “Os Irmandiños” do Val acudiu a presidenta, Manoli Castro. Estiveron tamén en representación do Concello unha técnica, o edil de Sanidade e Medio Ambiente, Manuel Ramos, en representación de TEGA; os voceiros do PP e BNG, Germán Castrillón e Olaia Ledo, respectivamente, e o edil do PSOE Jorge Ulla. A alcaldesa da cidade explicou ao remate da xuntanza que se acordou incidir na urxencia de que se celebre a reunión solicitada con técnicos de diferentes consellerías co fin de que a través da colaboración supramunicipal poder contar co asesoramento e axudas precisas para solventar este grave problema. Ferreiro recordou que “se está en contacto permanente dende Narón tanto coa FEGAMP como con outros concellos afectados pola mesma problemática, como o de Tomiño, por entender que ten que ser un ente a nivel supramunicipal o que ofreza asesoramento para tratar de solventar esta situación que cada vez afecta a máis concellos”. Na reunión abordouse a situación actual da problemática e tamén se recordaron, por parte do persoal técnico algúns dos pasos dados dende o Consistorio nesta área. A rexedora local manifestou o compromiso do goberno local de continuar traballando para que finalmente se poida coñecer o foco e actuar para erradicar o problema, unha actuación que precisa, tal e como se incidiu, de colaboración e implicación de administracións supramunicipais.

<<< Xullo 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18 19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal