Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO OFRECERÁ ESTE SÁBADO INFORMACIÓN TURÍSTICA DA CIDADE NA XORNADA PRIMAVERA NO CAMIÑO
A edil de Turismo, Natalia Hermida, avanzou que se ofrecerá información dos recursos turísticos de Narón e da tarta de Narón
Narón, 19 de xuño de 2024. A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, informou que o Concello de Narón estará presente un ano máis na campaña Primavera no Camiño Inglés impulsada pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés en colaboración coa Deputación e o Concello da Coruña. O evento desenvolverase o vindeiro 22 de xuño nos xardíns de Méndez Núñez, na Coruña. Ás 12:00 horas terá lugar a recepción de autoridades e ás 13:00 inaugurarase oficialmente o evento, cuxos stands permanecerán abertos dende as 11:00 ata as 20:00 horas. Hemida explicou que Narón, como unha das cidades que forman parte da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, “levará un stand de 3x2 metros, que estará atendido por dúas informadoras turísticas, que se encargarán de ofrecer información dos principais recursos turísticos do noso concello”. Entre eses recursos están a guía de turismo “Narón para os teus ollos”, as rutas turísticas de “Pena Molexa-Monte da Lagoa”, “Ruta dos muíños”, ruta do Camiño a Santo André de Teixido, e o tramo do Camiño Inglés ao seu paso por Narón destacando “Narón 100” punto do paseo marítimo de Xuvia no que se atopa o hito de pedra que sinala que o/a peregrino/a está a cen quilómetros de Compostela, a distancia mínima para poder recibir a compostelá, e a uns metros do indicador turístico “Narón Camiño Inglés”, tamén no propio paseo. A edil de Turismo indicou que ademais, “este ano, como novidade, levamos tamén un stand na zona gastronómica da feira onde se instalará a pastelería Santy, o establecemento autorizado na cidade para vender a Tarta de Narón, que se poderá adquirir nese evento”. A programación do evento inclúe un espazo institucional e de feira turística, cun escenario de primavera; uns obradoiros infantís e actividades culturais no espazo lúdico primavera e un espazo gastronómico e de mercado artesanal no escenario rede stelar. A programación ao completo pode consultarse a través da web: www.caminoingles.gal e do Instagram: @camino¬_ingles_oficial.

<<< Setembro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal