Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ O LUNS O PRAZO DE INSCRIICÓN NUN ITINERARIO FORMATIVO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS
As sesións formativas impartiranse do 15 de xullo ao 20 de agosto, tal e como indicou a concelleira de Formación, Natalia Hermida
Narón, 29 de xuño de 2024. O Concello abrirá o luns, día 1 de xullo, ás 8:30 horas o prazo de inscrición nun itinerario formativo de Prevención de Riscos Laborais (60 horas), Prevención de riscos laborais e medio ambiente no sector naval (16 horas) e Prevención de riscos laborais en espazos confinados e traballos en altura (16 horas). A edil de Formaicón, Natalia Hermida, informou que se ofertan un total de vinte prazas para estas accións do Programa Municipal de Formación. As sesións diríxense a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e tendo preferencia as empadroadas en Narón. A selección do alumnado será por rigoroso orde de inscrición no Rexistro e no caso de non cubrirse todas as prazas con persoas empadroadas en Narón, poderán realizar o curso veciñas e veciños doutros concellos. O prazo de presentación das solicitudes rematará o día 5 de xullo ás 13:00 horas, tal e como indicou a edil naronesa. Conceptos básicos sobre seguridade no traballo; riscos xerais e a súa prevención; riscos específicos e a súa prevención no sector correspondente á actividade da empresa; elementos básicos de xestión da prevención de riscos laborais; primeiros auxilios; prevención de riscos no sector naval; medio ambiente no sector naval e prevención de riscos laborais nos traballos en altura e nos espazos confinados forman parte dos contidos deste itinerario. Así mesmo, o alumnado realizará módulos transversais de igualdade de oportunidades, emprendemento e orientación laboral e busca de emprego. O itinerario formativo desenvolverase no Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara, do 15 de xullo ao 20 de agosto, segundo as previsións. As sesións impartiranse de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres do 15 de xullo ao 1 de agosto e o 12, 19 e 20 de agosto. Nas xornadas do 2 ao 9 e do 13 ao 14 de agosto impartiranse de 9:00 a 13:00 horas. As persoas interesadas en asistir deberán presentar a solicitude no Rexistro Xeral do Concello de Narón –de 8:30 a 13:00-, Sede Electrónica, ou polos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. Para máis información, as persoas interesadas poden consultar a Sede electrónica, sección de Servizos, Formación e Actividades Municipais ou contactar co Servizo Sociocomunitario, teléfono 981 33 77 00 (extensións 1108 e 1109).

<<< Outubro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31  
Eventos do Concello
naron.gal