Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NAS ACTIVIDADES DO PROGRAMA MUNICIPAL DE ENVELLECEMENTO ACTIVO E NAS INTERXERACIONAIS
A edil naronesa de Benestar Social, María Lorenzo, anunciou a oferta dispoñible para o curso 2024-2025
Narón, 1 de xullo de 2024. A concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, anunciou a apertura do prazo, hoxe, nas actividades do curso 2024-2025 do programa municipal de Envellecemento Activo. Desenvolveranse no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros, no centro das Vivendas da Mariña e en locais sociais da zona urbana e rural, ao igual que en anos anteriores. “Animamos ás veciñas e veciños de Narón a participar nestas actividades, moi variadas e de diferentes temáticas, co fin de que todas e todos eles poidan desfrutar daquelas que máis lles interesen”, asegurou a edil naronesa. En canto ao programa de Envellecemento activo ofertaranse varias actividades e terán preferencia as persoas maiores de 60 anos empadroadas en Narón. A edil naronesa avanzou que se impartirá ximnasia rehabilitadora, ioga, memoria, apoio á informática, labores, un obradoiro de enredar e outro de lecto-escritura, cantigas, cancións de animación e acompañamento na soidade. No caso de quedar prazas vacantes poderán anotarse menores de 60 anos empadroados no Concello de Narón no caso de acreditar os requisitos solicitados por un informe médico. O 15 de xullo abrirase o prazo para que se poidan matricular persoas empadroadas noutros concellos, maiores de 60 ou menores que cumpran os requisitos establecidos. “Trátase de propostas de entre unha e dúas horas por sesión e que se imparten unha ou varias veces á semana, dependendo da modalidade, no Centro Manuela Pérez Sequeiros ou nas Vivendas da Mariña”, indicou Lorenzo. Aquelas persoas interesadas en asistir deben apuntarse no Rexistro Xeral do Concello ou a través da Sede Electrónica do Consistorio. O programa comunitario inclúe sesións de memoria, ximnasia rehabilitadora, ioga, pilates, ximnasia musical, bailes de animación en liña, costura, corte e confección, debuxo e pintura, cursos de informática e internet, curso de manexo do móbil intelixente, inglés para principiantes, bailes latinos individuais e, como novidade, está previsto impartir iogalates e ximnasia musical infantil. En todas estas actividades non se require que as persoas interesadas en participar sexan maiores de 60 anos, tal e como se indicou dende o Consistorio, ao tratarse de actividades interxeracionais que se realizarán tamén nos centros comunitarios municipais. Neste caso as solicitudes deben realizarse na oficina do Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros, de luns a venres, en horario de 9:00 a 13:00 horas. O prezo destas actividades é o recollido na ordenanza fiscal número 33.

<<< Setembro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal