Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CICLO CINE DE VERÁN COMEZA MAÑÁ NA PRAZA DE GALICIA COA PROXECCIÓN DA PELÍCULA GISAKU
O Concello programou catro proxeccións, de balde, para este mes de xullo en diferentes espazos públicos da cidade
Narón, 4 de xullo de 2024. O ciclo Cine de Verán comezará mañá coa proxección da película Gisaku na praza de Galicia, no Alto do Castiñeiro. A convocatoria, organizada polo Padroado de Cultura e na que colabora a administración provincial, desenvolverase durante catro domingos deste mes en diferentes espazos públicos da cidade. As películas poderán verse ás 22:30 horas, de balde, nunha gran pantalla que se instalará en cada espazo, xunto con cadeiras, para a ocasión. O filme Gisaku protagonízao un samurái que ten que cumprir unha misión, que é a historia dunha loita entre o ben e o mal. Diferentes personaxes moi distintos entre si terán que traballar en equipo, vencendo conflitos internos e superando varias dificultades para acadar o fin desexado. As proxeccións continuarán as vindeiras semanas: o día 12 poderase ver na praza da Gándara a película A todo tren; o 18 na praza do colexio de Xuvia Súper Mario Bros e, finalmente, o 19 deste mes na rúa Francisco Pizarro, na Solaina, Pérez, el ratoncito de tus sueños 2.

<<< Outubro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31  
Eventos do Concello
naron.gal