Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNANIMIDADE DA CORPORACIÓN LOCAL PARA AMPLIAR UN MES O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE ALEGACIÓNS AO NOVO PXOM
O goberno local levou o documento a todos os barrios e parroquias da zona urbana e rural e o documento continúa a exposición pública dende que se aprobou inicialmente, tamén por unanimidade da corporación, o pasado mes de abril
Narón, 9 de xullo de 2024. A corporación local aprobou esta mañá nun pleno extraordinario ampliar un mes o prazo de alegacións derivado da exposición pública do PXOM. O goberno local realizou entre os meses de maio e xuño reunións informativas en todos os barrios e parroquias da zona urbana e rural, coa asistencia ás mesmas de persoal do goberno local e do equipo redactor; a documentación permanece exposta ao público dende a aprobación inicial do documento, para o que se elaboraron uns modelos de alegación e tamén se habilitou atención individualizada en horario de mañá e tarde no Concello, tarefa esta última que se levou a cabo, a día de hoxe, en 29 xornadas e que se contemplou ata o 15 deste mes, tal e como recordou o presidente da comisión de seguemento do Plan de Urbanismo, o edil Manuel Ramos. Tralo acordo plenario a exposición pública e o período de alegacións continuarán durante un mes máis. O concelleiro recordou que todos os trámites que require para a aprobación inicial contaron co apoio dos tres grupos da oposición, que o pasado mes de abril votou a favor da aprobación inicial do PXOM e que previamente tivo a oportunidade de realizar as consideracións oportunas, ao recibir o pasado mes de novembro toda a documentación do PXOM e participar previamente en catro comisións de seguemento do citado plan. Dende o goberno local recordouse ademais que a situación do solo de protección forestal deriva da lei aprobada pola Xunta de Galicia no ano 2016, sobre a que non se informou á veciñanza por parte do equipo redactor nin do goberno autonómico como si se fai en Narón. “É unha medida que afecta a todos os concellos de Galicia”, recalcou Ramos. Pola súa banda, a alcaldesa, Marián Ferreiro, incidiu na transparencia coa que se levou a cabo este procedemento dende o Concello. “Queren que sexa o mellor documento para as veciñas e veciños de Narón e nin sequera tiveron a dignidade de plantexar esta ampliación ao grupo de goberno, o que podería evitar ter que celebrar este pleno extraordinario. Se tiñan constancia de que había tanta xente que necesitaba máis tempo, que a nós non nos consta, chegaría con decírnolo e non teriamos chegado a este punto”, asegurou a rexedora local. Ferreiro animou unha vez máis á cidadanía a que “presenten as alegacións que consideren oportunas no caso de que vexan que o plan é mellorable” e tamén a que soliciten no Concello a información necesaria do documento ao persoal técnico.

<<< Setembro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal