Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO RETOMA ESTE VENRES A CAMPAÑA INFORMATIVA SOBRE O PROGRAMA DE RECICLAXE DE RESIDUOS ORGÁNICOS
O persoal da carpa informará á cidadanía nas inmediacións do novo centro de saúde, tal e como indicou o edil de Medio Ambiente e Servizos, Manuel Ramos
Narón, 10 de xullo de 2024. A campaña informativa “Ti tes a chave” sobre o programa de reciclaxe de residuos orgánicos continuará este venres na cidade. Así o recordou o concelleiro de Medio Ambiente e Servizos, Manuel Ramos, indicando que a carpa informativa se ubicará nas inmediacións do novo centro de saúde en horario de mañá, de 10:30 a 13:30 horas. O edil naronés avanzou ademais que o vindeiro venres, día 19, o persoal da carpa atenderá á veciñanza na zona do paseo de Xuvia, tamén en horario de mañá, de 10:30 a 13:30 horas. Dende o Consistorio recordouse que as persoas que acudan ao posto informativo interesadas en participar na campaña recibirán o kit de benvida, que consiste nun colector marrón de dez litros para uso doméstico, un lote de bolsas de compostaxe para os primeiros usos e a chave do colector marrón. Neste último deben depositarse restos de carne e peixe, cunhas de marisco ou froitos secos, de pan, café, tapóns de cortiza, restos de verduras e froitas…en definitiva, calquera resto orgánico. Máis de medio milleiro de veciñas e veciños de Narón están xa dadas de alta nesta campaña, deseñada para contribuír a incrementar a reciclaxe de residuos orgánicos.

<<< Outubro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31  
Eventos do Concello
naron.gal