Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A PRAZA DA GÁNDARA ACOLLERÁ O DÍA 22 DESTE MES O ENTROIDO DE VERÁN ORGANIZADO POLA ASCM E O CONCELLO
A edil de Festas, Mar Gómez, presentou o evento acompañada pola presidenta da Asociación Sociocultural ASCM, Paula Gárate; Maribel Mouriz e Rebeca Ferreira, integrantes das comparsas naronesas Os Parrandolos e Os Argalleiros, respectivamente
Narón, 10 de xullo de 2024. A concelleira de Festas, Mar Gómez, presentou hoxe xunto con Paula Gárate, presidenta da Asociación Sociocultural ASCM; Maribel Mouriz e Rebeca Ferreira, integrantes das comparsas naronesas Os Parrandolos e Os Argalleiros, respectivamente, o Entroido de Verán. A celebración desenvolverase o vindeiro 22 deste mes na praza da Gándara e é aberta á cidadanía en xeral, á que se anima a acudir disfrazada e participar activamente en todas as actividades do programa. A convocatoria dará comezo ás 16:30 horas, coa concentración de comparsas na praza da Gándara, onde ás 17:00 horas, e ata as 18:30, poderase participar en varios xogos infantís. Ao remate da sesión dará comezo a primeira actuación de BATUKin, unha formación inclusiva da ASCM que se debutará neste evento, dando a coñecer o traballo realizado nos ensaios dos últimos meses, tal e como indicou Paula Gárate. A concentración de comparsas será entre as 19:00 e as 19:30 horas e dará paso ao pasarrúas por vías do barrio da Gándara, que está previsto que remate ás 20:30 horas. A presidenta da Asociación Cultural ASCM animou á veciñanza a acudir a esta convocatoria, disfrazada para a ocasión e agradeceu a implicación do Consistorio e das comparsas naronesas Os Parrandolos, Os Argalleiros e Tróupele Tróupele. Gárate destacou a vocación de continuidade deste evento, que o pasado ano tivo unha gran acollida entre a cidadanía. Dende a comparsa Os Parrandolos, Maribel Mouriz fixo tamén un chamamento á participación e ofreceu ás persoas interesadas a posibilidade de solicitar algún disfraz dos que teñen na AVV Piñeiros para poder participar neste Entroido de verán. Pola súa banda, Rebeca Ferreira, da comparsa Os Argalleiros, recordou que o pasado ano o evento resultou “unha marabilla” e asegurou que “esta é unha iniciativa na que estamos moi orgullosos de participar”. Finalmente, a concelleira de Festas, Mar Gómez, felicitou á Asociación Cultural ASCM por manter esta convocatoria de lecer estival e tamén valorou a implicación das comparsas locais no evento. A edil naronesa destacou que se trata “dunha proposta inclusiva e con carácter interxeracional que esperamos que reúna de novo a veciñas e veciños non só de Narón senón tamén chegados doutros concellos”.

<<< Outubro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31  
Eventos do Concello
naron.gal