Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ORGANIZA UNHA NOVA EDICIÓN DE NOITE NO MOSTEIRO CUN ESPECTÁCULO DE ILUMINACIÓN ARTÍSTICA E MÚSICA NO CENOBIO DO COUTO
A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, animou á cidadanía a acudir a este evento
Narón, 11 de xullo de 2024. A concelleira de Turismo, Natalia Hermida, recordou a celebración, este sábado, dunha nova edición do evento “Noite no mosteiro”, organizado polo Concello e que se celebrará no mosteiro de San Martiño de Xuvia (O Couto). A cita inclúe un espectáculo de iluminación artística no interior e exterior do cenobio e música sacra no interior a partir das 22.30 horas. A edil naronesa explicou que os concertos terán unha duración aproximada de vinte minutos cada un, sucedéndose ata as 01.00 horas e con entrada de balde. O aforo dos concertos é limitado pola capacidade do recinto, polo que se incorporarán os asistentes por orde de chegada. En canto á iluminación musicada, combinarase a iluminación de cores no exterior e no interior ao ritmo da música, entre cada pase do concerto e ao remate deste, tal e como avanzou Hermida. A edil animou á cidadanía a desfrutar desta xornada “nun dos entornos máis especiais da nosa cidade e nun dos elementos patrimoniais, o mosteiro do Couto, declarado Ben de Interese Cultural, ubicado nas inmediacións do Camiño Inglés cara a Compostela”.

<<< Setembro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal