Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O NOVO PXOM PERMANECERÁ A EXPOSICIÓN PÚBLICA ATA O VINDEIRO 16 DE AGOSTO
Amplíase o prazo de exposición pública do novo PXOM ata o 16 de agosto.
Narón, 15 de xullo de 2024. A corporación local de Narón aprobou por unanimidade nunha sesión plenaria celebrada a pasada semana con carácter extraordinario a ampliación do prazo de exposición pública do novo Plan Xeral de Ordenación Municipal de Narón. As persoas interesadas poderán asistir á teceira planta do Concello con cita previa e coas referencias catastrais das parcelas obxecto de consulta, no horario que se lles indicará no momento de conceder esa cita previa, de mañá ou de tarde. A cita poderá solicitarse a través dos números de teléfono 981 337 700 (extensión 1602 e 1610); 671 013 023 ou 607 461 154 e tamén por correo electrónico, na dirección: edificabilidade@naron.gal. O prazo de presentación de alegacións ao documento, cuxos trámites están publicados na Sede Electrónica do Concello de Narón, así como un modelo de alegación para cumplimentar, rematará o mesmo 16 de agosto.

<<< Outubro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31  
Eventos do Concello
naron.gal