Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UNHA UNIDADE MÓBIL PARA DOAZÓN DE SANGUE ESTARÁ OS DÍAS 22 E 23 DESTE MES NA CIDADE
Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará o luns 22 e o martes 23 na cidade.
Narón, 19 de xullo de 2024. Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará o luns 22 e o martes 23 na cidade. O primeiro día, o vehículo permanecerá estacionado en horario de mañá, de 9.30 a 14.30 e tamén pola tarde, de 15.30 a 21.00 horas, nas inmediacións do novo centro de saúde. Na xornada do martes 23 a unidade móvil estará pola mañá, de 9:30 a 14:30 nas inmediacións do centro de saúde e pola tarde, entre as 15:30 e as 21:00 horas, na rúa Clara Corral, no barrio da Solaina. As persoas que acudan a doar a primeira hora deben almorzar pola mañá e no caso de facelo despois de xantar ao mediodía, esperar dúas horas para facelo. Así mesmo, deben levar a tarxeta de doante, o DNI ou un documento similar e informar ao médico se se está tomando algún medicamento. Dende ADOS informouse que as persoas que queiran consultar posibles dúbidas sobre a doazón de sangue e a localización das unidades móbiles poden chamar, de balde, ao número de teléfono 900 100 828.

<<< Setembro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal