ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDE DE BONIFICACIÓN DE TAXAS POR SUBMINISTRO DE AUGA, SANEAMENTO E RECOLLIDA DE LIXO
O prazo de solicitude permanecerá aberto ata o vindeiro 20 de setembro
Narón, 4 de setembro de 2024. As solicitudes para a bonificación das taxas de subministro de auga potable, saneamento e recollida de residuos sólidos urbáns poderán presentarse ata o vindeiro 20 de setembro (incluído). As instancias poden tramitarse a través da Sede Electrónica do Concello de Narón, no Rexistro Municipal do Concello –neste último caso, de luns a venres, entre as 8.30 e as 13.00 horas- ou por calquera dos outros medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.
Os impresos a cumprimentar e a información sobre estas bonificacións poden solicitarse no Rexistro municipal ou no departamento de Xestión de Ingresos, no cuarto andar do Consistorio, donde tamén se ofrecerá información sobre os beneficiarios e beneficiarias destas bonificacións.
As persoas que teñan concedida a bonificación e se atopen nas mesmas circunstancias que se tiveron en conta o pasado ano para a citada concesión non é preciso que a soliciten de novo. Nos casos nos que a situación variase ou teñan concedido o 50% da bonificación e cumpren agora os requisitos para que se lles recoñeza o 75% deben acreditalo para poder incrementar esa bonificación.