Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO APROBA NO PLENO DESTINAR 953.000 EUROS DO POS+ ADICIONAL Á REPARACIÓN DE VIAIS DA ZONA RURAL
A partida permitirá mellorar o estado actual de máis dunha trintena de camiños da zona rural
Narón, 12 de setembro de 2024. O pleno do Concello de Narón aprobou hoxe –cos votos favorables dos edís de TEGA, PP e PSOE e a abstención do BNG- nunha sesión extraordinaria destinar unha partida de 953.077,50 euros do POS+ Adicional a realizar obras de mellora de viais en varias zonas do núcleo rural. A proposta levouse o pasado luns á Comisión Informativa de Contratación, Persoal e Especial de Contas, presidida polo edil de Facenda, Román Romero. Unha parte dos traballos a executar nos vindeiros meses –unha vez aprobado no pleno procederase á súa licitación e posterior adxudicación- consistirá na reparación de pistas de aglomerado dos camiños de Ferrerías, Corredoira, Rúa San Pedro e Rúa de Soria e nos de Pedregal, Villallonte, A Chousa, Calliqueira e outros. A maiores, tamén se actuará nos camiños de Cerdeiras, Capilla da O, Ruxida, Río Seco, Carballal e Lodairo e os de Bazón, Borreiros, Borrallada, Nelle, As Torres, Calvario, Asperón, Pereiro, Abarqueiros, Redondo e Camiño das Murallas. En total, actuarase en máis dunha trintena de pistas do termo municipal. “Trátase de actuacións en todos os casos moi necesarias e que permitirán mellorar o estado actual destes viais”, apuntou a alcaldesa, Marián Ferreiro, trala sesión plenaria. Así mesmo, indicou que “son tan só parte dalgunhas das intervencións previstas nesta área e que continuaremos promovendo porque se trata de obras que consideramos necesario priorizar e por iso dende o goberno local apostamos por destinar esa partida de preto dun millón de euros a estas actuacións”.

<<< Setembro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal