Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MÚSICA E ATRACCIÓNS INFANTÍS PARA CELEBRAR A VINDEIRA SEMANA NA GÁNDARA A OITAVA EDICIÓN DO ODEÓN BULEVAR FESTIVAL, A FIESTUKI E O DÍA DO NENO
A concelleira de Promoción Económica, Olga Ameneiro, presentou o programa xunto con Eva Romero, da comisión de Festas da Gándara, e Julio Campoy, integrante da Asociación de hostaleiros de Odeón
Narón, 13 de setembro de 2024. A concelleira de Promoción Económica, Olga Ameneiro, presentou xunto con Eva Romero, da Comisión de Festas da Gándara, e Julio Campoy, integrante da Asociación de hostaleiros de Odeón, a programación festiva que se desenvolverá a vindeira fin de semana, do 20 ao 23 de setembro, na rúa Cataluña, na Gándara. A iniciativa enmárcase nos actos da Semana Europea da Mobilidade, a través da que permanecerá pechada ao tráfico rodado dende o día 19 a primeira hora ata a noite do 23, a avenida Cataluña, en diferentes tramos en función da xornada, entre as interseccións coas rúas Neda e Castelao, unha medida que estará debidamente sinalizada con antelación. Eva Romero explicou que organizaron unha programación para o día 20, con música a cargo de Zona Zero a partir das 23:00 horas e atraccións infantís na terceira edición da Fiestuki e unha sesión vermú o día 22 ás 14:30 horas, a cargo do grupo Boreal e Cristina. A maiores, para pechar o programa, o luns día 23 celebrarán o Día do neno, con prezos reducidos nas atraccións a partir das 17:30 horas. Así mesmo, na parte correspondente ao sector hostaleiro da zona, o sábado 21 celebrarán a oitava edición do Odeón Bulevar Festival, con invitados internacionais da talla de Kurd Maverick, que será o cabeza de cartel deste festival de DJ de finais do verán. Acompañarán a Maverik ao longo da noite, dende as 22:00 horas, Marien Baker, Afrolat (Miguel Miranda e Ninico), Rachelle e Titinho (Raquel Muíños e Julio Campoy). Co fin de amenizar esta convocatoria, dende a organización explicaron que baixo a denominación de “The White party” se procederá a decorar en cor branco e tamén se anima aos asistentes a acudir vestidos de branco. “Animamos a ir vestidos de branco para vivir en pleno corazón de Narón o espíritu da isla branca nun festival de fin de verán á súa altura, alí coñecidos como os peches de Ibiza”, apuntou Campoy. Animación con gogos, interacción co público e dous escenarios diferentes marcarán a programación deste evento, no que se implicaron os responsables dos locais El Colonial, Nueva Orleáns, La Suite, Cambalache, Australian, Eder, Gibson e Jazba. Olga Ameneiro destacou o traballo realizado tanto polos hostaleiros locais como pola comisión de festas da Gándara “para poder concentrar nesta fin de semana unha gran variedade de propostas musicais pensadas para diferentes tipos de público”. A edil naronesa animou á cidadanía a achegarse á rúa Cataluña nesas xornadas, do venres ao luns, “para poder desfrutar da música e das atraccións infantís e, como non, da hostalería da nosa cidade e do ambiente que haberá durante eses catro días”.

<<< Setembro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal