ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO CURSO PREPATATORIO COMIX-INICIACIÓN: EMPEZAMOS ATA TECNOLOXÍAS DIXITAIS
As inscricións deben realizarse a través da plataforma Cemit, tal e como recordou o concelleiro de Novas Tecnoloxías, Román Romero
Narón, 30 de setembro de 2024. O edil de Novas Tecnoloxías, Román Romero, anunciou a apertura do prazo de inscrición en dous novos cursos a realizar na Aula Cemit de Xuvia, preparatorio Comdix-Iniciación: emprezamos ata as tecnoloxías dixitais. Un deles impartirase en quenda de mañá, de 9:30 a 13:30 e outro pola tarde, de 16:00 a 20:00 horas, tal e como indicou o edil.
Ofértanse doce prazas para cada un deles e o contido dos mesmos coincide co itinerario formativo do programa de autoformación de Amtega, impartindo máis horas das indicadas no itinerario, para que o alumnado participante poida acudir ás probas de certificación que se convoquen, coa máxima preparación, e obter un resultado positivo. O itinerario completo para obter o certificado galego de competencias dixitais (nivel iniciación) son sete cursos, polo que o Concello impartirá os catro primeiros para deixar programados a principios de 2025 os outros tres cursos preparatorios.
Os cursos preparatorios Comdix-iniciación: empezamos ata tecnoloxías dixitais impartiranse do 4 de novembro ao 20 de decembro e teñen un total de 136 horas cada un deles.
As persoas interesadas en realizar esta formación deben anotarse a través da plataforma Cemit, no enlace: https://cemit.xunta.gal/es/formacion/formacion-presencial?search=naron.