Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS CENTROS CÍVICOS DE PEDROSO, O ALTO E SANTA ICÍA ACOLLERÁN AS ACTIVIDADES DO PROGRAMA MUNICIPAL ENCONTROS
A concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, explicou que as propostas se dirixen a persoas de Narón maiores de 60 anos
Narón, 4 de outubro de 2024. A concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, anunciou o inicio, mañá sábado, do programa municipal Encontros, dirixido a persoas maiores de 60 anos de Narón que se atopan en situación de soidade non desexada. A través deste programa, tal e como indicou a edil naronesa, desenvolveranse unha serie de actividades nas que se abordarán temas vencellados á seguridade, alimentación, saúde física e emocional…Todas estas propostas levaranse a cabo con tres grupos, nos centros cívicos sociais de Pedroso, Santa Icía e o Alto do Castiñeiro. A concelleira explicou que cada grupo ten programadas unha ducia de sesións, de dúas horas de duración cada unha delas. Un día á semana, os sábados pola tarde, reuniaranse cos seus respectivos monitores para participar en actividades como música e karaokes, xogos de alimentación saudable, saídas e merendas, cociña tradicional e recetarios. “En todos os casos trátase de propostas de balde, que abarcan áreas como a cultura, o deporte, a educación… sen esquecer o apartado lúdico e de convivencia entre maiores en espazos de encontro e apoio mutuo”, apuntou Lorenzo. As persoas interesadas en recibir máis información ou en inscribirse neste programa poden dirixirse ao Servizo Sociocomunitario Municipal –no primeiro andar do Concello- ou chamar aos números de teléfono 633 230 054 ou 613 196 841.

<<< Decembro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal