Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NUNHA ACCIÓN DE INCLUSIÓN SOCIAL DIRIXIDA A PERSOAS MIGRANTES
A concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, recordou que se ofertan un total de doce prazas
Narón, 10 de outubro de 2024. O Concello de Narón abriu o prazo de inscrición nun curso de alfabetización dirixido a persoas migrantes. Así o anunciou a concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, que avanzou que se celebrará dende este mes ata decembro deste ano nas instalacións da Biblioteca municipal. Ofértanse un total de 12 prazas para persoas extranxeiras e as persoas interesadas en inscribirse poden facelo, ata esgotalas, na Sede Electrónica, no Rexistro municipal ou a través de calquera dos lugares e rexistros establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento administrativo común das administracións públicas. Alfabetización, ensinanza en español e galego para inmigrantes, iniciación no proceso de lectoescritura e achegamento á nosa cultura e favorecer a inclusión social forman parte dos contidos a abordar durante esta acción formativa. Constituiranse dous grupos con clases en ambos casos os xoves de 19.30 a 21.00 horas. A edil de Benestar Social recordou que a través deste programa, dende o Concello apóstase por ofrecer ao colectivo ao que se dirixe unha serie de ferramentas que lle sexan de utilidade para poder comunicarse e integrarse na sociedade dun xeito pleno, como o noso idioma.

<<< Decembro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal