Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO RETOMOU HOXE CON ALUMNADO DO CEIP PIÑEIROS O PROGRAMA DE VISITAS ESCOLARES
A alcaldesa, Marián Ferreiro, reuniuse cos escolares no salón de plenos
Narón, 29 de outubro de 2024. Un grupo de quince nenas e nenos de sexto curso de Infantil do colexio de Piñeiros desprazouse hoxe con persoal docente ao Concello para participar na primeira das visitas de coñecemento da administración local programadas para o actual curso 2024-2025. A alcaldesa, Marián Ferreiro, recibiunos no salón de plenos, onde tiveron tamén a oportunidade de ver o vídeo “Nara de Narón”, sobre o funcionamento e a historia da cidade. A programación destas visitas continuará desenvolvéndose nos vindeiros meses, estando xa concertadas en novembro as de alumnado do colexio Ponte de Xuvia, para o 5; da Jorge Juan, o día 8; da Solaina, o día 12; e da Gándara o día 29. Así mesmo, o 3 de decembro será o turno do alumnado de sexto de Infantil do colexio do Feal e o 10 do de Virxe do Mar. Os menores, unha vez no salón de plenos, interesáronse ante a rexedora local por diferentes cuestións, preguntando dende as sillas que ocupan habitualmente as concelleiras e concelleiros da corporación local. A alcaldesa respostou a todas as preguntas e interesouse tamén por coñecer a opinión das nenas e nenos sobre a cidade para finalmente entregarlles uns agasallos institucionais e sacar con eles unha fotografía de grupo como recordo da súa visita ao Concello. Unha vez rematada a reunión no salón plenario os escolares realizaron unha imaxe por quendas no photocall da abella Nara. Así mesmo, coñeceron o funcionamento e parte dos servizos que se ofrecen dende o Concello, participaron en xogos interactivos e visitaron as instalacións da Policía Local no Consistorio. A programación de cada xornada ten unha duración aproximada de hora e media.

<<< Maio 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal