Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UN TOTAL DE CATORCE ESTABLECEMENTOS DA CIDADE PARTICIPARÁN NA RUTA DEGUSTACIÓN DA TARTA DE NARÓN
A concelleira de Promoción Económica, Olga Ameneiro, recordou que a ruta se desenvolverá do 22 de novembro ao 1 de decembro
Narón, 19 de novembro de 2024. O Concello de Narón iniciará este venres, día 22, unha nova campaña promocional da Tarta de Narón, nesta ocasión en colaboración co sector hostaleiro da cidade. A edil de Promoción Económica, Olga Ameneiro, explicou que un total de catorce establecementos participarán nesta iniciativa, “que aposta por poñer en valor esta sobremesa e deixa nas mans dos hosteleiros o formato no que se presentará e servirá ás persoas interesadas en degustala”. A pizzería Juventud, a cervexaría Asustralian, La Suite, Churrería Las Vegas, Café Ronnie, Caffé Latte, El Colonial 1920, La Roldana, Mama Flora Gastrobar, Hotel Chips, Nueva Orleans, Gibson Narón, e os restaurantes Casa Juanito e Cambalache participarán nesta Ruta degustación da Tarta de Narón, que rematará o vindeiro 1 de decembro. O Concello facilitará de balde a estes locais a sobremesa e eles realizaron xa as súas propostas de elaboración, para poder ofrecela como sobremesa, almorzo ou merenda no horario especificado. As persoas interesadas en probar estas elaboracións, máis persoalizadas, deberán abonar cinco euros por porción de tarta. “Esta tarta é dende hai un ano o doce máis representativo do noso concello, unha sobremesa que parte da receita elaborada e cedida ao Concello por un pasteleiro local, Santy Otero e a súa familia, e que ten como ingrediente principal a noz, acompañada de dous tipos de azúcar, ovos, margarinas e sal”, apuntou Ameneiro. A edil recordou que se trata dunha sobremesa sen glute e sen necesidade de frío para a súa conservación, que se pode adquirir no propio establecemento de Pastelería Santy, no barrio da Solaina, onde se comezou a comercializar hai un ano. A concelleira de Promoción Económica agradeceu a implicación dos hostaleiros e hostaleiras da cidade que se sumaron a esta iniciativa do Concello e animou ás veciñas e veciños de Narón e doutros concellos a desfrutar do 22 de novembro ao 1 de decembro da “Ruta máis doce” de Narón.

<<< Novembro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal