Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CONFERENCIA "UNHA MIRADA DENDE A SAÚDE MENTAL CARA AS CLAVES DO ENVELLECEMENTO" ADÍASE AO DÍA 29 DESTE MES
A edil de Igualdade, María Lorenzo, recordou que a encargada de impartir a conferencia será a psicóloga Rita Touza
Narón, 20 de novembro de 2024. A conferencia da psicóloga Rita Touza, prevista inicialmente para este sábado, adíase ata o 29 de novembro, xornada na que se desenvolverá a partir das 19:00 horas no local social do Alto do Castiñeiro. Así o avanzou a concelleira de Igualdade, María Lorenzo, que recordou que con esta convocatoria rematarán as conferencias programadas para este mes a través do programa municipal “A saúde mental importa”. “Unha mirada dende a saúde mental cara as claves do envellecemento” é o título desta ponencia de Touza, que é psicóloga clínica no Hospital Psiquiátrico de Calde (Lugo) e previamente traballou na Unidade de Psicoxeriatría do Hospital Naval de Ferrol. O Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros acolleu o pasado día 16 a conferencia “Mente e corpo traballan xuntos” e un obradoiro dinámico de ioga e relaxación. Nesa ocasión foi a psicóloga Virginia Penedo a encargada de impartir estas propostas. María Lorenzo destacou “a boa acollida que está tendo este programa, xa dende o seu inicio, entre as veciñas e veciños da nosa cidade”. A edil naronesa incidiu na importancia de convocar este tipo de propostas, encamiñadas e informar á poboación a través de profesionais no sector e ofrecer ferramentas destinadas tanto ás persoas con problemas de saúde mental como ás súas familias.

<<< Novembro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal