PRETO DE MEDIO CENTENAR DE PROFESIONAIS DA PINTURA E DA LITERATURA PARTICIPARÁN ESTA SEMANA NA I FEIRA DE LITERATURA E ARTE
A concelleira de Feiras, Mar Gómez, presentou o evento acompañada pola escritora Isabel Ramos
Narón, 25 de novembro de 2024. O pavillón da Mocidade, na Gándara, acollerá esta fin de semana, o venres 29 e o sábado 30, a I Feira de Literatura e Arte, na que colabora o Concello. A edil de Feiras, Mar Gómez, presentou o evento acompañada pola escritora Isabel Ramos, integrante do Grupo de Autores de Ferrolterra (GAF), que impulsa a convocatoria. A ilustradora naronesa Saila Chao realizou o deseño do cartel desta edición, na que participarán as librarías Nova, Albatros e Pasapáxina, as asociacións Narart e AGER (Asociación Galega de Escritores), artistas, escritores e escritoras independentes e a propia Saila Chao.
Pintoras e pintores como Dulce Anca, Paco Carmona, Santiago Canzobre, Rafa Climent, Sol Lamas, Katy Martín e Crisanto Poveda; artistas como Saila Chao (ilustradora), Silvia Díaz (deseño e creación), Fernando Eiroa (carbón details, Mon Novo (urbansketching) e outros profesionais como Diana Coira (yoga bowspring), Margaret Vilas (zumba e Benestar) estarán tamén presentes neste evento.
En canto ao ámbito literario, participarán na convocatoria os escritores e escritoras Rober H.L. Cagiao, Sabela Cagiao, Miguel Cárdenas, Miguel Castro, Manuel Díaz, Xosé Fernández, Manuel Fuentes, David Gago, Juan Galán, Soraya García, Clara Goas, Sara González, Juan Lada, Ramón Loureiro, Eva Luna, Ana Julia Martínez, Ismael Martínez, Magali R. Mátar, Nuria Matías, María Jesús Millarengo, Mar Muñiz, Reyes Pérez, Álex Pernas, Cova PL., Sonia Ramallo, Isabel Ramos, Javier Regueira, Carolina Rodríguez, Arantxa Serantes, John Sullivan, José Ángel Varela, Clara Ventura e Raquel Villanueva.
“Haberá postos de librarías, ilustradoras e dos artistas participantes e as persoas que o desexen poderán solicitar aos escritores e escritoras que lles asinen as súas obras en quendas que se desenvolverán ao longo da mañá e da tarde en toda a feira”, tal e como indicaron dende a organización.
A programación dará comezo este venres, día 29, ás 12:00 horas, coa lectura do pregón a cargo do xornalista Ramón Loureiro. Xa pola tarde, ás 16:00 horas, haberá un micro aberto con Sabela Cagiao e Clara Ventura e ás 17:00 unha sesión de zumba kids con Margaret Vilas e o centro Amar-t. Ás 18:00 horas haberá unha festa infantil con Latiapapucha, a cargo de Reyes Pérez e Sonia Ramallo e ás 19:00 horas “Novela e memoria”, unha charla con Juan Galán e José Ángel Varela.
Na xornada do sábado, día 30, retomarase a programación ás 11:30 horas cunha charla sobre a influencia da literatura no cine e na música, a cargo de Miguel Castro Serantes e Sara González Veiga. Ás 12:30 horas haberá un contacontos de Nadal, con GAF e pola tarde ás 16:00 haberá unha conferencia titulada “A túa medicina es ti”, con Diana Coira, de Satya-Ikigai Bowspring. Así mesmo, ás 17:00 horas dará comezo o contacontos “Breixo, e o monstro Lume”, con Soraya García; ás 18:00 horas unha tertulia sobre as dificultades e beneficios de escribir dende esta zona, con Raquel Villanueva, Isabel Ramos e Juan Lada e pechará a programación, ás 19:00 horas, unha clase maxistral de bowspring a cargo de Diana Coira Espantoso.
“Apostamos por xente da comarca de Ferrolterra para participar neste evento, aínda que tamén se achegarán profesionais procedentes de fóra de Galicia”, apuntou Isabel Ramos.
A concelleira de Feiras agradeceu o traballo realizado por todas as persoas que se implicaron na organización do evento e tamén destacou a elevada participación de todos os profesionais que estarán este venres e sábado en Narón. Gómez animou ás veciñas e veciños de Narón e doutros concellos a achegarse ao pavillón da Mocidade para desfrutar desta primeira edición da Feira de Literatura e Arte.