Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
APROBADA NO PLENO A PROPOSTA SOBRE O REGULAMENTO DO SERVIZO DE MADRUGADORES NOS CENTROS PÚBLICOS DE INFANTIL E PRIMARIA
Na sesión saíu tamén adiante o regulamento de funcionamento e réxime do Centro de Interpretación dos Muíños Industriais de Xuvia
Narón, 28 de novembro de 2024. A corporación local aprobou na sesión plenaria desta tarde por unanimidade a proposta sobre o regulamento do servizo de madrugadores nos centros públicos de educación infantil e primaria de Narón. O documento, tal e como indicou o voceiro de TEGA, Román Romero, ten por obxecto regular o funcionamento deste servizo de protección, vixilancia e almorzo ao alumnado dos centros educativos de titularidade pública para alumnado de 3 a 12 anos, dende as 7:30 horas ata o comezo da actividade lectiva, ás 9:00 horas. O regulamento publicarase no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios do Concello durante 30 días para que se poidan presentar as reclamacións e estimacións que se consideren oportunas e se non as houbese considerarase aprobado definitivamente sen necesidade de acordo expreso polo pleno. Así mesmo, no transcurso da convocatoria saíu adiante, tamén por unanimidade, de xeito inicial o regulamento de funcionamento e réxime do Centro de Interpretación dos Muíños Industriais de Xuvia (CIMIX), última fase para poñer en valor este conxunto etnográfico, que xa pode visitar a cidadanía os xoves de 10:00 a 14:00 horas e os venres, sábados e domingos de 10:00 a 14:00 e dende as 16:30 ata as 20:30 horas. En outubro deste ano adxudicouse a xestión das instalacións á empresa Trivium. O documento someterase 30 días a exposición pública para presentar posibles reclamacións ou suxestións antes de aprobalo definitivamente. A ordenanza xeral de subvencións do Concello foi outro dos puntos da sesión plenaria que saíu adiante, cos votos de TEGA e BNG, co fin de facilitar os trámites de solicitude e xustificación ás entidades beneficiarias das mesmas. No pleno aprobouse coa abstención dos edís do PP o convenio de colaboración entre os concellos de As Pontes, Cedeira, Cerdido, Moeche, Narón, San Sadurniño e Valdoviño para a xestión compartida do centro comarcal de apoio ao emprendemento e o desenvolvemento rural A Fusquenlla. O obxecto do acordo é regular a xestión conxunta do citado centro, a través do que se programan actividades de formación e axuda á transformación de produtos agrícolas a pequenos produtores, dentro dunha estratexia de promoción agroalimentaria e de desenvolvemento rural, xestionando subvencións para a dotación do centro, etc. Por unanimidade da corporación local saíu adiante tamén a aprobació do convenio de colaboración coa Consellería de Cultura para a renovación do compromiso de integración na Rede Galega de Bibliotecas Públicas de Galicia para o período 2024-2028. No apartado de mocións, aprobáronse por unanimidade a presentada polo PSOE para elaborar unha memoria e proxecto da cuberta da pista do CEIP A Gándara-AVV Santiago Apóstol da Gándara; outra presentada polos socialistas sobre o control de ratas na cidade e unha do BNG a prol dunha bonificación no IBI para as vivendas que instalen sistemas para o aproveitamento da enerxía solar. A maiores, aprobouse unha presentada polo PP sobre a regulación do procedemento da solicitude de instalacións deportivas e compensación da taxa vixente para entidades e clubs do concello con equipos federados con categorías de base.

<<< Decembro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal