Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A BIBLIOTECA ACOLLERÁ A VINDEIRA SEMANA A PRESENTACIÓN DA NOVELA "TERPENO", DE EMILIO TRESGALLO
A concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro, avanzou que o acto terá lugar o 11 de decembro ás 18:30 horas
Narón, 5 de decembro de 2024. A Biblioteca municipal acollerá o vindeiro día 11 a presentación de Terpeno, de Emilio Tresgallo. A concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro, informou que o acto, aberto á asistencia do público en xeral, dará comezo ás 18:30 horas na sala multiusos da planta soto. Trala finalización da convocatoria as persoas que o desexen poderán adquirir exemplares desta publicación. Aínda que nado na localidade cántabra de Cuchía, Emilio Tresgallo reside dende hai anos en Narón. Doutor en Pedagoxía e colaborador da Universidade Internacional de Valencia, orientou a súa carreira profesional á investigación sobre o acoso escolar. Terpeno é a súa primeira obra de ficción, unha novela ambientada na súa localidade natal e que el mesmo define como “un canto á amizade verdadeira e inquebrantable, á familia que sempre está presente para coidar, mimar, exixir e, sobre todo, abrir horizontes e dar resposta á “fame natural” dos nenos e nenas; unha fame que lles permite descubrir o mundo e crecer emocionalmente de forma sana, natural e equilibrada”. A novela está orientada a público xeral e adulto. O autor conta coa súa propia canle en YouTube, podendo acceder á mesma a través do enlace: https://www.youtube.com/@emiliotresgallo9342.

<<< Decembro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal