Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
UN CAMIÓN CON PRETO DE OITO TONELADAS DE ALUMENTOS E PRODUTOS DE LIMPEZA E HIXIENE PARTIU HOXE DE NARÓN CARA Á LOCALIDADE VALENCIANA DE UTIEL
A concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, desprazouse hoxe ao Centro de Recursos Solidarios xunto co presidente da citada asociación, José Manuel González
Narón, 9 de decembro de 2024. Un camión cargado con preto de oito toneladas de diferentes produtos partiu esta mañá, ás 9:30 horas, das instalacións do Centro de Recursos Solidarios cara á localidade de Utiel, en Valencia. A concelleira de Benestar Social, María Lorenzo, achegouse ao CRS xunto co presidente da Asociación Centro de Recursos Solidarios, José Manuel González, no momento no que se procedía á carga do vehículo, que se prevé que tras unha parada en Madrid estea mañá a primeira hora descargando no municipio de destino. A localidade de Utiel foi unha das máis afectadas pola DANA, considerada unha das zonas cero da catástrofe rexistrada o pasado mes de outubro. Dende o Concello de Narón contactaron co municipio para tratar de colaborar e achegar axuda solidaria proporcionada por numerosas veciñas e veciños de Narón e comarca e tamén algunhas empresas, centros de ensino e establecementos. Comida precociñada –fabas, albóndegas, legumes…-, pasta, azucre, cacao, café, conservas de pescado e vexetais, arroz, fruta en conserva, cereais, leite… forman parte dos alimentos clasificados nos diferentes palés con destino ás familias de Utiel. Así mesmo, tamén se enviaron produtos de hixiene persoal, material escolar, útiles de limpeza, artículos de limpeza do fogar e botellas de auga. A concelleira de Benestar Social agradeceu, ao igual que os responsables do Centro de Recursos Solidarios de Narón, “as aportacións realizadas para poder colaborar coas persoas que sufriron e sofren aínda os graves efectos desta catástrofe”. María Lorenzo quixo tamén destacar “a implicación do persoal do Centro de Recursos Solidarios e do persoal voluntario que se achegou para botar unha man clasificando e embalando todo o material que enviamos” e a colaboración “da empresa de transportes Caamaño e Hijos S.L.U. que realizará a viaxe ata Valencia para entregar as doazóns en Utiel”.

<<< Decembro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal