Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CONMEMOROU ESTA TARDE CON VARIAS ENTIDADES O DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS
A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidiu a convocatoria, á que acudiron edís da corporación local e representantes de Affinor; da Asociación Sociocultural ASCM; da Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra; de Cogami e de Aspaneps
Narón, 10 de decembro de 2024. O Concello acolleu esta tarde, ás 17:30 horas, o acto institucional organizado con motivo do Día Internacional dos Dereitos Humanos. A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidiu a convocatoria, á que tamén acudiron os edís María Lorenzo, Gonzalo Iglesias, Beatriz Mosquera e Silvia de Arriba e representantes da Asociación de Fibromialxia e Fatiga Crónica do Noroeste (Affinor); da Asociación Sociocultural ASCM; da Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra; da Confederación Galega de Persoas con discapacidade (Cogami) e da Asociación de Pais de Nenos con problemas Psicosociais (Aspaneps). O acto desenvolveuse no salón de plenos, onde a rexedora local deu a benvida ás persoas participantes para, a continuación, ler unha declaración do Día Internacional dos Dereitos Humanos, que se conmemora cada 10 de decembro, o mesmo día que no ano 1948 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas adoptou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos. A rexedora local recalcou que dende o Concello se quere continuar traballando coas entidades “co fin de avanzar cara a un mundo máis igualitario e sostible”. Ferreiro explicou que a través deste acto “queremos manifestar o noso compromiso coa protección e o respecto dos dereitos fundamentais das persoas, a súa dignidade e a igualdade entre homes e mulleres”. A continuación tomou a palabra a presidenta da Asociación Cultural ASCM, Paula Gárate, que realizou algunhas reivindicacións do colectivo de persoas discapacitadas e incidiu na importancia de que todas as institucións aporten recursos para solventar os problemas aínda existentes de accesibilidade para “conseguir esa inclusión que todas e todos queremos”. A última das intervencións correu a cargo de Verónica Leiras, integrante da directiva de Aspaneps, que recordou a necesidade de atender todas as discapacidades, non só as físicas. A maiores, asegurou que o día de hoxe é “unha data que nos empodera a todas as persoas” e recordou que Aspaneps se creou no seu día “para atender á infancia máis desfavorecida”. O acto rematou coa proxección dos vídeos “Un mundo cheo de diversidade” e o making off da campaña “Eu sumo”, unha recompilación do traballo levado a cabo nalgunhas das iniciativas de sensibilización realizadas dende o Concello de Narón en colaboración con diversas entidades.

<<< Decembro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal