Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CIMIX ACOLLEU UNHA XORNADA PARA REIVINDICAR O PATRIMONIO INDUSTRIAL DE FERROLTERRA
O alcalde accidenta de Narón, Manuel Ramos, e a deputada Rosa Ana García, inauguraron a convocatoria, organizada pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol
Narón, 14 de decembro de 2024. O Centro de Interpretación dos Muíños Industriais de Xuvia (CIMIX) en Narón acolle este sábado unha xornada sobre o patrimonio industrial de Ferrolterra. É a primeira vez que este centro acolle unha xornada de conferencias, organizada pola Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol coa colaboración da Deputación da Coruña, e que reuniu a expertos e público en xeral para reivindicar a riqueza do pasado e presente industrial da zona. Na inauguración da xornada a deputada provincial, Rosa Ana García López, celebrou a coordinación entre administracións que fixo posible o CIMIX. “Un dos maiores expoñentes do compromiso do Concello de Narón co patrimonio industrial”, como asegurou o tenente de alcalde do concello de Narón Manuel Antonio Ramos. Acompañou nesta presentación o xerente da Mancomunidade, Luis Alcalá. A xornada, que se desenvolverá ao longo de todo o día, conta cun programa de gran nivel, con recoñecidos expertos, como Manuel Lara Coira, presidente da Asociación BUXA, cun intenso labor de defensa deste patrimonio esquecido. A continuación, María Begoña Bas López, destacada etnógrafa e profesora da Universidade da Coruña, afondou no mundo dos muíños de Ferrolterra. Pola súa banda, Lorena Cuevas Buján, técnica en xestión do patrimonio, centrouse na construción naval na ría de Ferrol e a identidade que xera na veciñanza. A xornada continuou cun bloque dedicado a casos de boas prácticas na recuperación e posta en valor do patrimonio industrial. Concepción Fernández, directora de Museos, Patrimonio e Cultura da Fundación Ciudad de la Energía-CIUDEN de Ponferrada, compartiu a experiencia da transformación dunha antiga central térmica nun museo vivo e espazo cultural. Inés Gil Piñeirúa, axente de Desenvolvemento Local Oscos-Eo, presentou o caso de Taramundi como referente no turismo rural. Pola tarde, os asistentes poderán gozar dunha excepcional visita guiada ao muíño das Aceas de Xuvia con Begoña Bas e ao recentemente inaugurado CIMIX. Durante o percorrido, coñeceron de preto a historia e o funcionamento destes importantes elementos do patrimonio industrial de Narón.

<<< Decembro 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
naron.gal