O FESTIVAL DA CULTURA VIAXEIRA GULLIVER FEST CELEBRARASE DO 7 AO 10 DE AGOSTO NA ÁREA RECREATIVA DE PEDROSO
O Concello e os padroados de Cultura e Deportes organizan o evento coa Asociación Furgo Galicia
Narón, 27 de decembro de 2024. A área recreativa de Pedroso acollerá o vindeiro ano unha nova edición, as sexta, do Festival da Cultura Viaxeira, Gulliver Fest. Así o avanzaron dende o Concello, os padroados de Cultura e Deportes de Narón e a Asociación Furgo Galicia, destacando unha importante novidade con respecto ás anteriores edicións, o incremento dun día de programación. Deste xeito, o Gulliver Fest desenvolverase do 7 ao 10 de agosto de 2025.
Dende a organización trabállase xa nas diferentes propostas musicais, de lecer, deportivas… que caracterizan este evento, unha cita obrigada para as persoas que desfrutan do mundo camper e nunha ubicación privilexiada, a carón do río Xuvia, con zona de camper, glamping e de acampada e na que compartir múltiples experiencias viaxeiras.