Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CORTE DE TRÁFICO MAÑÁ MARTES NUN TRAMO DA ESTRADA DE CASTELA AO PASO DOS CORREDORES DA TRINTAEUNDOCE, A SAN SILVESTRE DE NARÓN
Un total de 315 persoas inscribíronse neste evento deportivo, que se desenvolverá en horario de tarde, tal e como recordou o edil de Seguridade Cidadá, José Oreona
Narón, 30 de decembro de 2024. O concelleiro de Seguridade Cidadá, José Oreona, informou que na xornada de mañá martes, e con motivo da San Silvestre, A Trintaeundoce de Narón, estará pechada ao tráfico rodado un tramo da estrada de Castela, o comprendido entre a glorieta de Freixeiro e o asilo de Piñeiros. O corte será efectivo dende as 16:00 ata as 17:45 horas, aproximadamente, cando remate o paso dos corredores participantes no evento. Un total de 315 corredores están inscritos na Trintaeundoce de Narón, organizada polo Concello en colaboración coa Agrupación Deportiva Náutico de Narón. Habilitáronse tres categorías, pitufos (2016 e posteriores), promoción (2015-2009) e absoluta (senior, de 2008 a 1998 e máster, 1987 e anteriores). Os participantes realizarán un percorrido de 3.112 metros no caso das categorías absolutas; 1.556 para a de promoción e de 200 metros para a de pitufos.

<<< Xaneiro 2025 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
naron.gal