REUNIÓN INFORMATIVA PARA REPRESENTANTES DAS COMPARSAS DE ENTROIDO NO PAZO DA CULTURA
A convocatoria programouse para o venres 24 de xaneiro ás 19:00 horas
Narón, 21 de xaneiro de 2025. O Pazo da Cultura acollerá o este venres, día 24, unha reunión informativa sobre a celebración do Entroido na cidade, convocatoria que se levará a cabo o día 1 de marzo. A esta xuntanza están convidados os representantes das comparsas interesadas en participar nesta celebración.
Neste encontro, que dará comezo ás 19:00 horas, tal e como se avanzou, informarase ás persoas asistentes sobre as liñas xerais das bases de participación no festival de comparsas.